Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MIGRACIÓN

Novo número de UXi, revista cubana de software libre

A publicación ofrece os detalles sobre a migración impulsada por Cuba cara ás solucións de código aberto.

Redacción - 10:25 07/06/2008

A Universidade das Ciencias Informáticas (UCi) de Cuba acaba de publicar o terceiro número da súa revista sobre Software Libre, UXi. Nela reflíctese a aposta do goberno cubano por impulsar as solucións abertas. Dos contidos desta edición, que ao final se tivo que atrasar con respecto á data prevista, destaca a postura de Cuba contra o proxecto de converter en estándar o seu formato OOXML, que ao final pasou a peneira da ISO.

Na revista publícase a entrevista a Ramón Paumier, que explica os motivos por que a Administración cubana está a efectuar a migración ao Software Libre. Tamén se fai un amplo repaso ás ferramentas libres que existen para a produción multimedia e as súas equivalencias non libres. Entre outros apartados máis técnicos, ofrécense todos os trucos para a instalación do xestor de arranque Grub.

A publicación pódese descargar de balde en formato PDF.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: