Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Software libre

Cuba aposta por Linux no seu 16 aniversario

O sistema operativo creado por Linus Torvalds estase a converter na aposta do goberno da illa para se librar da dependencia de Microsoft.

Redacción - 13:10 18/09/2007

Acaban de pasar 16 anos dende que o programador finlandés Linus Torvalds puxo na rede a primeira versión do núcleo de Linux, a 0.01. Dende aquela, o sistema operativo foi medrando e evolucionando até se converter na principal alternativa libre ao omnipresente Windows e ao segundo en discordia, o Mac OS.

O feito de ser un sistema aberto, personalizábel e distribuíbel de balde está a facer que moitas administracións públicas estean a fomentar o seu uso. É o caso de Cuba, un país que pretende liberarse da dependencia do Windows da estadounidense Microsoft.

O goberno cubano está a formar 4.000 persoas no uso do sistema operativo de código aberto. A Unión de Jóvenes Comunistas está a fomentar Linux nuns 600 centros informáticos ao longo da illa. Co uso do software libre, Cuba evita os problemas que lle poderían causar as esixencias legais de Microsoft, cuxo sistema operativo aínda é maioritario no pais.

Segundo datos achegados por Juventud Rebelde, máis de 3.880 cubanos xa recibiron cursos de Linux, que está a ser usado nas alfándegas e axiña tamén nas universidades.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: