A cidade rusa de Kazán, que se presentaba por segunda vez, foi finalmente a elixida para a edición de 2013.
Non puido ser. O xurado da Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU) xa ditou sentenza. A Universiada de 2013 terá como sede a cidade tártara de Kazán, que partía como favorita. A oferta presentada por Vigo, a pesar de ser ben recibida nun principio, non superou o criterio da maioría dos 27 membros da institución.
Deste xeito, a Universiada de Verán 2013 será en Kazán, e a de Inverno na localidade eslovena de Maribor, única candidata. A delegación viguesa volve á casa coa decepción de non ter superado a proba pero a satisfacción de ter feito un bo traballo. Xa anunciou que aspirará a organizar os xogos universitarios do ano 2015.