Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
TENSA ESPERA

Vigo coñecerá este sábado se será a sede da Universiada 2013

A FISU fará público ás oito do serán o nome da cidade que acollerá a competición universitaria de verán.

Redacción - 13:55 31/05/2008

Vigo e Galiza agardan con impaciencia a decisión da Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU). O sábado, arredor das oito da tarde, coñecerase, definitivamente, se a candidatura "verde" presentada pola cidade para acoller a Universiada do ano 2013 será aceptada.

A delegación está formada por 60 persoas, encabezadas polo alcalde, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago. Pola mañá escenificou en Bruxelas a presentación da candidatura, baseada, principalmente, no respecto ao medio ambiente.

O posto da candidatura, construído sobre herba artificial, conta con paneis onde se pegaron 477 zapatillas deportivas doadas pola cidadanía viguesa e que simbolizan a implicación da cidade e a súa conciencia de reutilización e reciclaxe.

A última palabra tena o xurado de 27 membros que comeza as súas deliberacións ás seis da tarde. As outras candidatas, que tiñan programado presentar os seus proxectos despois de Vigo, son a cidade rusa de Kazán e a coreana de Kwang Ju.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: