Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
3 DE XUÑO, 16.30 HORAS

Presentación do novo libro "Vencello" do Proxecto Galauda

Manual elaborado para a aprendizaxe de lingua e cultura galegas nos centros de ensino de fóra de Galiza.

Proxecto Galauda - 20:00 31/05/2008

Dentro do marco do Protocolo de Colaboración entre as consellerías de Educación da Generalitat de Catalunya e mais da Xunta de Galicia (firmado no ano 1999 para promover a lingua galega e catalá dentro da oferta educativa dos centros de ensino secundario), faise a presentación do libro de texto Vencello para o coñecemento da lingua galega.

O Vencello que agora se presenta é una reedición e unha actualización do primeiro, feita por un equipo de profesores, dirixidos pola doutora Sabela Labraña, da Universitat de Barcelona, e coa colaboración da Xunta de Galicia.

O manual xurde como ferramenta de traballo didáctico dentro do Proxecto Galauda, iniciativa pioneira no estado español que promociona o estudo e coñecemento da cultura e da lingua galegas nos centros de ensino secundario obrigatorio (ESO) de Catalunya e o coñecemento da cultura e da lingua catalá nos centros do ESO en Galiza. Así mesmo, elabora materiais para a aprendizaxe da lingua galega (como é o caso de Vencello) e que contribúe con valores que fomentan o respecto á pluralidade cultural e lingüística.

Presidirá o acto o director general de l’Educació Bàsica i el Batxillerat, Sr. Jaume Graells, e están convidados representantes da Secretaria de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, representantes da Xunta de Galicia, así como o profesorado que participou no proxecto e a Universitat de Barcelona.

O acto é aberto ao público, e convídase especialmente o profesorado e os equipos directivos dos centros educativos que participaron no Proxecto Galauda, a todo o profesorado interesado en traballar dentro do proxecto, a profesionais e entidades relacionadas coa lingua e mais coa cultura galegas e tamén a aquelas persoas que fomentan a interculturalidade e mais o plurilingüismo nas nosas sociedades.

Presentación do novo libro Vencello, do Proxecto Galauda

Martes, 3 de xuño ás 16:30 horas

Sala de actos da sede do Departament d’Educació
Via Augusta, 202 | Barcelona


Ligazóns

1,78/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: