Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REPORTAXE DE DER SPIEGEL

A Illa de Ons vista dende Alemaña

A publicación alemá salienta a tranquilidade e o silencio do "santuario" atlántico, e compara o xeito de ser dos galegos cos frisios do norte.

Redacción - 19:25 26/05/2008
Unha das imaxes da reportaxe / Martin Cyris

Unha das imaxes da reportaxe / Martin Cyris

O semanario alemán Der Spiegel deu esta fin de semana un paseo pola illa de Ons. Nunha reportaxe titulada Os cinco da illa, o xornalista Martin Cyris describe as virtudes dun anaco de terra no medio do mar onde apenas viven cinco persoas durante todo o ano, sen automóbiles e sen industrias, e que cualifica de "santuario".

O autor da reportaxe visitou lugares senlleiros como o Bar Casa Acuña, único lugar que rompe o silencio da illa grazas ao ruído do televisor. Alí descubriu a idiosincrasia galega, que compara coa dos frisios do norte de Alemaña. Lembra que hai pouco máis de 20 anos vivían 500 persoas na agora silenciosa illa, onde ninguén baixa dos 60 anos.

Tamén explica como o despoboamento de Ons comezou no ano 1984, co éxodo cara ás cidades de Pontevedra e Vigo. Da gastronomía local salienta as empanadas de polbo e as luras.

A visita remata no Burato do Inferno, "lugar de culto celta", despois de ter pasado por diversas praias "de area branca". Só no verán a illa abandona, momentaneamente, a súa soidade.


4,79/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: