Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DUNHA DÉCADA DE GUERRA

A última milicia rebelde de Burundi anuncia unha tregua

As Forzas para a Liberación Nacional de Burundi anunciaron que cesan toda actividade para dar outra oportunidade á negociación.

Redacción - 12:25 24/05/2008

Nun comunicado, as tropas rebeldes subliñan que decidiron deter a guerra “porque nos atopamos sentados na mesa de negociacións e pedímoslle ao goberno que mostre a súa boa vontade facendo o mesmo”.

Aínda que as partes levan meses negociando, os desencontros xeraron novos enfrontamentos armados. O posicionamento dos rebeldes dá esperanzas de que se asine un pacto de paz definitivo co goberno de Pierre Nkurunziza. Burundi leva anos intentando recuperarse da traumática guerra étnica entre hutus e tutsis que entre 1993 e 1999 lle segou a vida a preto de 300 mil persoas


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: