Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornada "educativo-militar" en Ordes

Na escola: Educación para a Paz, na rúa: Día das Forzas Armadas

Iniciativa de discutíbel valor pedagóxico a realizada no Concello de Ordes este xoves e á que acudiron centos de cativos.

Redacción - 12:00 23/05/2008

Tres milleiros de veciños e arredor de 200 rapaces asistiron este xoves no campo da feira a un conxunto de actividades organizadas polo exército, no que se presentou como "Día das Forzas Armadas" en Ordes.

Entre outros os rapaces tamén probaron cascos de visión nocturna, asistiron á explicación de tácticas de camuflaxe ou fixeron descenso en rápel. Pero ademais, e coa escusa de "achegarlles aos veciños a realidade cotiá destas forzas de seguridade", en palabras do rexedor ordense, Manuel Regos, velaí poden ver nas imaxes a pé do texto o dubidosamente didáctico encontro dos cativos con toda unha mostra de armamento.


4,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: