Segundo datos presentados por Adega, en 2020 morrerán 250 mil persoas en Europa por causa da contaminación.
As chemineas de Endesa, nas Pontes; Fenosa, en Meirama, e Repsol, na Coruña, emiten case a metade dos gases de efecto invernadoiro do país. Segundo informou Adega, as tres empresas concentran o 47% do total.
O informe presentado pola asociación ambiental indica que o transporte de coches, camións e trens diésel ocupa outro 17% das emisións deses gases en Galiza. O vogal de saúde ambiental de Adega, Luís Díaz Cabanela, tamén fixo referencia a un estudo efectuado en tres cidades españolas que determina que cada ano morren 3.000 persoas por mor da contaminación. Ademais, advertiu que, se segue a tendencia "no 2020 morrerán 250.000 persoas en toda Europa", máis que "por accidentes de tráfico".