A protesta do 18 de maio polo dereito a vivirmos en galego segue a dar que falar. Son moitos os medios de fóra do país que se fan eco da información.
A manifestación a prol do galego convocada pola Mesa en Compostela tivo unha repercusión mediática alén das nosas fronteiras. Ofrecémoslle algúns exemplos:
O xornal madrileño Público especificou que "seis dos sete grandes concellos de Galiza apoiaron a manifestación", mentres que noutros xornais como Diario Ibérico, El Confidencial ou Periodista Digital recollen a crónica desta manifestación cualificada polo presidente da Mesa, Carlos Callón, como "xornada histórica".
Os medios vascos (ETB) centráronse na necesidade de "normalizar a situación do galego en todos os ámbitos" que reclama a Mesa, cunha noticia que salienta no titular que "Miles de persoas se manifestan en favor da lingua galega".
O Jornal de Notícias portugués sinala en titulares que "Os galegos não querem falar castelhano", nunha noticia na que destacan que segundo os datos estatísticos máis recentes, "o 90 por cento dos galegos con máis de 65 anos falan portugués da Galiza, máis esa porcentaxe é moito máis reducida entre os que teñen menos de 20 anos". Dende o medio de comunicación luso indican que "para inverter esta tendencia, os participantes na manifestación esixiron tamén a toma de medidas para a recepción das radios e televisións na Galiza, conforme á proposta xa aproada no Parlamento estatal". Tamén afonda neste tema, a Axencia Lusa
Aquí podemos ver a opinión dalgúns dos protagonistas da manifestación: