A conexión por fibra óptica Telépole permite unha mellor comunicación entre seis polígonos industriais da Eurorrexión.
Perto de 600 empresas de seis parques empresariais do Norte de Portugal e de Galiza están un pouco máis unidas dende esta martes pola rede Telépole, unha conexión de fibra óptica que permite a comunicación interna a baixo custo.
A rede desenvolveuse no marco do proxecto europeo Parque, un programa de cooperación transfronteiriza, que ten por obxectivo a modernización dos polígonos industriais da Eurorrexión.
Telepóle baséase no VoIP, un sistema que permite que un sinal de voz viaxe vía internet, aplicando un protocolo IP. É dicir, envía o sinal de voz en paquetes dixitais a través dun circuíto utilizado só para telecomunicacións. Na práctica materialízase na posibilidade de realizar videoconferencias.
Neste proxecto participan o Parque Empresarial de Chaves, o Tecnopole (Ourense), o Polígono do Ceao (Lugo), a Zona Industrial de Bragança, o Polígono de Sabón (A Coruña) e o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo.