Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EDUCACIÓN INFANTIL E LEI DE DEPENDENCIA

Quintana reclámalle ao Estado que colabore no financiamento das galescolas

Anunciou que non rescindirá os convenios de adhesión ao Consorcio aos alcaldes que aseguren que asinaron voluntariamente.

Redacción / EP - 18:40 12/05/2008

O vicepresidente da Xunta pediulle á ministra de Educación que colabore na cofinanciación das galescolas e do desenvolvemento da Lei de Dependencia. Anxo Quintana entrevistouse en Madrid con Mercedes Cabrera dentro da rolda de contactos concertada polo ministerio coas diferentes comunidades autónomas en materia de política social.

Segundo o vicepresidente, o resultado da xuntanza foi positivo, tanto pola convocatoria como pola "disposición" da ministra. Quintana aproveitou para salientar a importancia da Lei de Dependencia, pois no país hai 95.000 persoas dependentes, das que xa presentaron solicitudes 46.122. Anxo Quintana engadiu que xa se valorou máis do 60% das recibidas e anunciou que o proceso estará completo antes da volta do verán.

O vicepresidente expresoulle a Cabrera o desexo de "seguir executando" o convenio de colaboración estabelecido na anterior lexislatura, dotado dun cofinanciamento de 60 millóns de euros para atender a rede pública de atención á dependencia en Galiza. Tamén anunciou a construción de 55 novos centros de día en 2009, para o que é precisa a colaboración do goberno español.

Galescolas
Así mesmo, Quintana presentou o obxectivo de chegar ao 33% de prazas públicas no ano 2010, conforme ás directrices europeas, fronte ao 11 por cento deixado polo Goberno anterior. Para iso, lembrou, "precisamos a colaboración da Administración estatal".

Ademais, o vicepresidente garantiu que non anulará os convenios para a adhesión de escolas infantís ao Consorcio de Servizos da Igualdade e do Benestar sempre e cando os alcaldes do PP que criticaran o acordo "aclaren que non asinaron coaccionados, senón voluntariamente". Sinalou que "non existe ningún proceso de rescisión" no caso dos rexedores que rectificaran as súas críticas públicas. De feito, tres dos oito alcaldes do PP enviáronlle cartas de desculpa.

Quintana asegurou que "a miña sinatura nunca estará nun convenio en que a outra parte diga que no asina voluntariamente" e que "optei por rescindilos porque os convenios de colaboración son voluntarios: se alguén di que os asinou pola forza é nulo de pleno dereito". Tamén aclarou que ningún concello foi expulsado do Consorcio.

Lembremos as declaracións feitas polo alcalde de Vilamartín de Valdeorras:


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: