Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
En Luanda (Angola)

Asalto á fama

En plena actuación do rapeiro estadounidense '50 cent', un espectador brincou no escenario e arrincoulle unha xoia do pescozo.

Redacción - 13:20 07/05/2008

Segundo publica o diario portugués Público, os axentes de seguridade do Pavillón da Cidadela na capital angolana, Luanda, foron incapaces de evitar que o famoso rapeiro 50 Cent fose roubado en pleno escenario durante a súa actuación no Festival Internacional da Paz, a pasada cuarta feira.

Un vídeo pendurado no YouTube recolle o momento en que un home sobe subitamente ao palco e arrinca unha xoia do pescozo do músico, desaparecendo despois no medio da multitude. A propia familia do atracador entregouno á Policía, logo de que a televisión angolana divulgase as imaxes, gravadas por un outro asistente ao concerto.



5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: