Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
QUEN FIXO MENOS POLO GALEGO?

As 'Anti-Letras Galegas'

Galiciaprofunda.com pide a participación dos internautas para elixir o maior inimigo do galego: Franco, os Reis Católicos, a RAG, Touriño, Galicia Bilingüe...?

Redacción - 18:20 05/05/2008

Cada 17 de maio dende hai 45 anos escóllese unha persoa que traballou a eito polo galego a través da súa produción literaria ou do seu traballo noutros eidos. O blog galiciaprofunda.com propón darlle a volta a iso, e a imitación dos tradicionais premios limón quere sinalar as persoas e entidades que máis dano lle provocaron á lingua.

Dende o "rexeitamento ante actitudes pouco tolerantes, ante manifestacións e declaracións que o único que provocan é que o galego continúe agonizando, carente de prestixio e de pulos que garantan a súa recuperación", os anónimos autores do blog chaman á participación dos internautas para que elixan en tres categorías (boina de ouro, sacho de ouro e fouciño de ouro) "os colectivos ou persoas que tiran para atrás o esforzo e a labor de moitas persoas a prol do galego".

Proponse unha serie de candidatos por categoría, aínda que cada persoa pode propoñer os nomes que desexe. Así, os Reis Católicos e Franco optan á Boina de Ouro ao personaxe histórico que máis perseguiu o galego; Rajoy, Touriño e a Real Academia Galega poderían levar o Sacho de Ouro a quen peor dano lle fixo ao galego nas dúas últimas décadas. Finalmente, o Fouciño de Ouro "ao suceso máis negativo do último ano" podería caer en Galicia Bilingüe, no xefe de sección do Carrefour da Coruña ("Burra, no hables lenguas menores"), ou nos avogados da Cope no recente xuízo polo despido de Isabel Quintairos.

Os gañadores coñeceranse o 15 de maio, Día dos Premios Antilingua Galega.


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: