Venceu ao Blanes por 6-0 e agora xogará co Reus o pase á gran final.
Non tivo opción o Blanes na súa visita este domingo á Coruña, onde o Liceo o recibiu coa máxima concentración e impuxo un marcador de 6-0. Os tensos enfrontamentos entre os dous equipos durante os choques previos nestes cuartos de final deron lugar paradoxalmente a unha xornada moito máis doada esta fin de semana para os liceístas.
Os coruñeses enfrontarán agora un óso ben máis duro de roeren, o Reus, diante do que lles tocará disputar a semifinal desta liga estatal de hóquei a patíns. Serán cinco partidos que se prevén de gran nivel. Barcelona e Noia Freixenet xogarán a outra semifinal, cos barcelonistas como grandes favoritos. O azar e o gran estado de forma dos dous conxuntos, Liceo e Reus, quixo ademais que sexan ademais rivais noutra semifinal, a da final a catro da Liga Europea.