O equipo coruñés pasa o primeiro encontro da eliminatoria para quedar campión dunha das mellores ligas do mundo de hóckey sobre patíns.
O Liceo foi de menos a máis en toda a liga, conseguindo ao final chegar á terceira praza na clasificación xeral. Os coruñeses chegaban ao partido con forza, mentres que o Viva Habitat Blanes chegaba á Coruña para esquecer o tropezo que tivo na Final Tour da Copa CERS ao caer ante o Tenerife en semifinais.
Era o primeiro partido eliminatorio dos cuartos de final dos play-off da OK Liga de hóckey e en todo momento estivo cheo de intensidade, sobre todo na primeira metade. O marcador inaugurouno Joseph Lamas, após un pase acertado de Pablo Álvarez.
Na segunda parte os dous equipos saíron para pechar o marcador e selar o triunfo, mais gol só chegou do lado coruñés, do stick de Reinaldo García, xusto no último segundo.
O seguinte partido, este sábado ás 18:00 horas, o Liceo perde a Martín Payero, Grasas e Jesús Sende. O Blanes, polo seu lado, recupera aos seus dianteiros Osvaldo Raed e Álex Ridaura.