Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sociedades de Instrución, escolas de emigrantes

Da semente histórica da emigración en favor da transformación do país

Chega un novo número do Vieiros da Escola, que desta volta repara na influencia da emigración na atención das carencias educativas en Galiza.

Redacción - 13:25 28/04/2008

A finais do século XIX, o panorama educativo galego presentaba unha longa serie de carencias, sendo as máis evidentes a falta de locais adecuados, a escaseza de mestres cualificados ou a ausencia de métodos e recursos para atender axeitadamente as demandas da poboación infantil en idade escolar, o que provocaba un baixo rendemento académico e altas taxas de analfabetismo.

Nese escenario, as axudas canalizadas a través de sociedades de emigrantes foron un proceso exemplar de emancipación política no contexto da emigración que estivo vencellado, na súa meirande parte, ao rexurdir do nacionalismo. Un fenómeno que ocorreu case exclusivamente cos emigrantes galegos, e que denota a súa capacidade para transformar en positivo as propias carencias persoais; para convertelas en progreso e benestar mediante unha voluntariosa aprendizaxe e, ao mesmo tempo, para transcender o logro individual converténdoo, mediante a organización colectiva, en obras dunha inmensa significación altruísta

Xosé Manuel Malheiro, profesor do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, é autor dun novo número de Vieiros da Escola: Sociedades de instrución, fundacións docentes e escolas de emigrantes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mugardos, 1927. Interior da escola promovida en pola Sociedade Unión de Franza y Seijo, fundada na Habana en 1921
Mugardos, 1927. Interior da escola promovida en pola Sociedade Unión de Franza y Seijo, fundada na Habana en 1921
Vilarchao, Coles (Ourense), 1924. Interior da Escola "La Luz", fundada pola Sociedade Progreso de Coles, desde Cuba, e inaugurada 26 de novembro de 1913
Vilarchao, Coles (Ourense), 1924. Interior da Escola "La Luz", fundada pola Sociedade Progreso de Coles, desde Cuba, e inaugurada 26 de novembro de 1913
Arbo,1925. Construción da “Escuela Modelo”, institución escolar que promoveu a Sociedade Hijos de Arbo desde Arxentina, inaugurado en 1930
Arbo,1925. Construción da “Escuela Modelo”, institución escolar que promoveu a Sociedade Hijos de Arbo desde Arxentina, inaugurado en 1930