Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo declarou o seu presidente

O Banco Pastor "estase a posicionar" para entrar no negocio eólico

Xosé María Arias augura a recuperación da venda de pisos en tres meses e considera que no "arrefriamento" da economía inflúe a falta de liquidez.

Redacción - 18:22 27/04/2008
Xosé María Arias

Xosé María Arias

O presidente do Banco Pastor, Xosé María Arias, admitiu este sábado que a entidade "estase a posicionar" para entrar no negocio eólico en Galiza, unha vez que a Xunta aprobou unha nova regulamentación, que primar a participación pública á hora de conceder os parques.

Porén, durante unha entrevista concedida a RNE, eludiu revelar máis detalles, aínda que apuntou que na actualidade xa participan nalgún proxecto.

Regulamento eólico e accións en Fenosa
Preguntado sobre os requisitos do Goberno, Arias reivindicou a acción do Banco Pastor nos seus 40 anos de vida á hora reinvestir no país. Neste senso proclamou que se senten "moi galegos", e resaltou que perto do 70% das accións particulares proceden de Galiza.

Sobre a venda de parte das accións de Unión Fenosa que mantiña a entidade, comentou que a eléctrica ten que camiñar cara a "horizontes maiores", porque a súa presenza "xa non é tan necesaria".

Crise de liquidez

Por outra banda, o presidente do Banco Pastor vaticinou que a venda de vivendas no Estado se reactivará en tres ou catro meses se a situación económica se mantén nas condicións actuais, polo que, ao seu xuízo, se superará unha parálise "esaxerada" na demanda.

Segundo Arias, nestes momentos, non se está a padecer unha situación de crise nin de recesión, senón de desaceleración, aínda que matizou que dependerá da súa evolución nos vindeiros meses. Ademais, apuntou que neste "arrefriamento" da economía inflúen varios acontecementos externos, como a crise de liquidez.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: