Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RESULTADO DOS PRIMEIROS NOVE MESES

O Banco Pastor aumenta o seu beneficio neto nun 25%

O banco galego rexistrou un beneficio neto nos nove primeiros meses do exercicio de 154,15 millóns de euros fronte aos 132,12 millóns do mesmo período do ano anterior, o que supón un incremento nos beneficios dun 25,2%.

Redacción - 17:59 25/10/2007

Estes resultados amosan un crecemento do 22% no volume de negocio -7301 millóns de euros-, do 21,5% en investimento crediticio -23.734 millóns-, destacando os créditos vinculados a pemes que subiron un 17%. O índice de morosidade situouse no 0,72% a setembro cunha ampla cobertura do 259,2%.

O presidente do banco, José María Arias e o seu conselleiro delegado, Jorge Gost, destacaron que “O Banco Pastor non ten ningunha exposición ás hipotecas subrpime (de alto risco) nin a produtos derivados das mesmas”.

Para Gost, “o crecemento alcanzado confirma a nosa estratexia deseñada no Plan Delta –que anticipaba unha situación económica como a actual-, e a nosa competitividade comercian entre a banca doméstica”.

Banco Pastor prevé que o Euribor peche o 2008 no 3,9 por cento.
O conselleiro delegado do Banco Pastor, Jorge Gost, prevé que o euríbor (índice principal de referencia para as hipotecas que se firman en Europa) pasará do 4,6% a principios do próximo ano, ao 4,3% que se rexistrará en xuño, para pechar o exercicio no 3,9%.

Pola súa parte, o presidente do Pastor, José María Arias, sinalou que “a enorme volatilidade que viven os mercados actualmente podería provocar cambios nestas previsións”, ao tempo que lamentou “que se caiga no catastrofismo cando se fala de crisis no sector inmobiliario e as súas consecuencias na concesión do crédito”.

En referencia a economía do estado, “non parece razoábel ser catastrofista nunha economía que seguirá medrando, segundo todas as previsións, por encima do 2,7% no 2008”, afirmou José María Arias.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: