Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Liberación do 'Playa de Bakio'

O presidente da Xunta agradécelle ao goberno español "o seu labor no secuestro"

O Executivo vasco exíxelles "plenas garantías de seguridade aos organismos internacionais aos que lles corresponda exercer este control en augas libres".

Redacción - 11:05 27/04/2008

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que recibiu a noticia da liberación do atuneiro Playa de Bakio da vicepresidenta do goberno español, María Teresa Fernández de la Vega, mostrou a súa "satisfacción" e agradeceulle ao executivo do Estado "o seu labor neste secuestro".

Ademais, Pérez Touriño salientou "o traballo do armador e da célula de seguimento", e amosou o seu agradecemento polo labor "dos países aliados de España e dos organismos internacionais que colaboraron co goberno español para conseguir o final do secuestro"

O goberno vasco exixe garantías de seguridade

Pola súa banda, o Executivo vasco tamén comunicou a súa satisfacción "polo feliz final" do secuestro e agradeceulles ás familias dos tripulantes "a súa firmeza", á Asociación de Buques Atuneiros Conxeladores (Anabac), e "especialmente ao armador" do barco secuestrado, "o seu traballo de mediación durante estes duros días".

Así mesmo, resolta "a perigosa situación vivida esta semana", engadiu que se debe garantir o libre dereito da actividade pesqueira en augas internacionais, o que implica que tras este secuestro, deben existir "plenas garantías de seguridade a cargo dos organismos internacionais aos que lles corresponda exercer este control en augas libres".

"Dende hai anos vimos insistindo na necesidade de garantir protección. Non só á nosa flota senón a outras flotas do estado que tamén visitan regularmente aquela zona", declarou o goberno vasco nun comunicado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: