Propoñen esixirlles responsabilidades aos grandes bancos por casos de dano ambiental e violación de dereitos humanos.
As "finanzas éticas" centrarán o esforzo da Semana Galega do Comercio Xusto, que se celebra entre o 24 e o 30 de abril, e que foi presentada este xoves no Club Internacional de Prensa pola asociación Amarante.
O colectivo deseñou un programa que lle achegará aos cidadáns as posibilidades da banca ética como alternativa e, doutra banda, afondará na denuncia e a necesidade de presión sobre a banca convencional polos reprochábeis manexos e investimentos que realiza.
De xeito específico, vaise falar dos informes elaborados recentemente pola Campaña de Finanzas Éticas, e que detallan "os vínculos financeiros que BBVA e Santander teñen con empresas e proxectos controvertidos". Ao fío, desde este venres faise unha campaña de recollida de sinaturas "para esixir responsabilidade a estes dous bancos, por diferentes casos de dano medioambiental e violación de dereitos humanos".
Toda a información na web de Amarante.