Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Primarias cara a Casa Branca

Complícase a batalla demócrata nos EUA coa vitoria de Clinton en Pensilvania

A senadora por Nova York gañoulle a Obama por só dez puntos, a metade do que prognosticaban hai poucos días as enquisas.

Redacción - 09:00 23/04/2008

Con máis de 12 millóns de habitantes, Pensilvania é o sexto estado máis poboado dos Estados Unidos, e a disputa pola vitoria nun momento especialmente tenso entre os candidatos fai o resultado especialmente significativo.

"O vento sopra agora en meu favor", asegurou a senadora Hillary Clinton. Mentres, Barack Obama quitoulle importancia á vitoria da súa rival e destacou que o esmagador triunfo que as sondaxes prognosticaran para Clinton quedaron á fin en pouco máis da metade do agoirado, resultando finalmente nun 55% para Clinton e un 45% para Obama. O senador por Illinois aínda ten vantaxe de 1.658 delegados sobre os 1.544 que sumaría agora Clinton.

Máis na CNN e no New York Times.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: