Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
As solicitudes, deica o 16 de xuño

Até 6.000 euros para o remate do exterior das vivendas unifamiliares no rural

As subvencións da Consellaría de Vivenda serán concedidas en función dos ingresos.

Redacción - 14:04 17/04/2008

A Consellaría de Vivenda e Solo abriu o prazo de solicitude para as axudas do programa Remate exterior de vivendas unifamiliares no medio rural, que se pechará o vindeiro 16 de xuño.

A subvención equivale ao 30% do custo da obra, cunha contía máxima de 6.000 euros. O departamento que dirixe a nacionalista Teresa Táboas reservou unha partida de 1,2 millóns de euros para 2008.

Poderán acollerse ás axudas as familias cuns ingresos ponderados que non superen 2,5 veces o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM) -ao redor de 16.765 euros anuais..

Formas, materiais e cores tradicionais
Para recibir a subvención é imprescindíbel que a vivenda conte coa licenza municipal de obra e así como cos parámetros exteriores e coa carpintería exterior completos.

Ademais, as obras de remate deberán cumprir cos parámetros de calidade, é dicir, respecto polas formas, materiais e cores tradicionais da zona onde está a vivenda.

Unha vez concluídas as obras, o beneficiario disporá de 15 días para remitir á consellaría un escrito comunicando o remate das actuacións, acompañado por fotografías que mostren os traballos realizados.


Documentos

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: