Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conexión Galiza-Portugal

O proxecto de alta velocidade entre Vigo e Porto, sumido na "penumbra"

Aínda que este martes o comisario europeo do Transporte confirmou que a conexión estará lista en 2013, o presidente do Eixo Atlántico ten "dúbidas".

Redacción - 12:30 16/04/2008
En principio, o TAV unirá Vigo e Porto en 2013

En principio, o TAV unirá Vigo e Porto en 2013

"Todo o proxecto de alta velocidade está algo encallado e nunha grande penumbra. Non se coñece a súa solidez e, xa que logo, tampouco a consistencia dos prazos que se prometeron".

O presidente do Eixo Atlántico, Luís Filipe Menezes, facía estas declaracións a semana pasada en Vigo durante a sinatura do convenio polo cal a Xunta destinará 400 mil euros á nova sede do organismo na cidade.

A previsión actual é que o Tren de Alta Velocidade (TAV) una Vigo e Porto en 2013, aínda que inicialmente, cando en 2003 se decidiu a súa construción, a data fixada fora a de 2009. Dous anos despois do acordo, os gobernos español e portugués decidiron que non era prioritario e adiárono.

Este martes, o comisario europeo dos Transportes, Jacques Barrot, confirmou que o trazado da liña coñecerase o ano que vén e que o tren debería estar en funcionamento en 2013. Respondía así a unha interpelación do eurodeputado portugués José Ribeiro e Castro na Comisión Europea sobre este asunto.

Investivento e produtividade
Porén, Menezes amosaba as súas reservas días antes. "Hai que dubidar dos prazos", afirmaba en declaracións á axencia Lusa. Ademais, cuestionaba todo o proxecto de alta velocidade do Estado portugués, concretamente a necesidade de construír un tren de "altísima velocidade" entre o Porto e Lisboa.

"Merecería un amplo debate, porque estamos a falar de investimentos que superan os 5.000 millóns de euros e que son moi cuestionábeis dende o punto de vista da produtividade económica", afirmou.


2,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: