O polémico magnate televisivo e o líder do centroesquerda pelexan pola presidencia. O resultado coñecerase este luns.
Máis de 47 millóns de italianos están chamados a votar entre este domingo e o luns en máis de 61 mil colexios electorais. En xogo está quen vai ser o vindeiro presidente do país. O controvertido magnate televisivo Silvio Berlusconi enfróntase ao aspirante Walter Veltroni, que engloba o voto de centro-esquerda.
Berlusconi é o favorito nas enquisas, aínda que a súa popularidade está á baixa nos últimos meses e algúns prognostican unhas eleccións moi apretadas. O controvertido empresario, que xa cumpriu os 71 anos, agarda recadar o voto máis conservador do país. Pola súa parte, Veltroni esforzouse durante toda a campaña por manter unha imaxe moderada e evitar as continuas provocacións dun Berlusconi que tamén busca os apoios da dereita máis dura.
Sexa como for, o vencedor das eleccións precisará o apoio de pequenas formacións que serán decisivas para a gobernabilidade dun país tradicionalmente ensarillado en sucesivas crises políticas.
Poden seguir a actualidade electoral en La Reppublica, Corriere della Sera, Il Giornale e La Stampa.