En moitos dos partidos houbo que chegar aos penaltis: no partido Negreira-Lugo lanzáronse 28.
Imaxe do Coruxo-Celta
O Celta (gañándolle ao Coruxo por 2-0), o Depor (gañándolle ao Racing nos penaltis); o Negreira (cos seus 28 penaltis ante o Lugo); e o Ourense (por penaltis tamén, despois de empatar a 2 co Pontevedra).
Agora a cousa vai como segue
É posíbel que entre o 14 e o 23 de abril se xoguen as semifinais (non están aínda claras as datas).
Os que pasaron enfróntanse entre si, quedando a cousa desta xeito: o Celta contra o Ourense, e o Depor contra o Negreira. Pode que o Celta, que vai lanzado, repita triunfo na Copa Galiza.