Comeza a que é considerada como a cita máis esixente, polo de agora, para o equipo profesional galego, a Volta ao País Vasco.
Con ilusión é como chega o KGZ á 'Volta ao País Vasco' que comeza esta segunda feira, despois do cuarto e duodécimo postos alcanzados por David Herrero e David García no Gran Premio Indurain e pola actitude do equipo na carreira navarra. Con Ezequiel Mosquera á cabeza, acompañado de David Herrero como referencia, o equipo ciclista profesional galego chega a súa primeira carreira da tempada no circuíto Pro Tour.
Até o 12 deste mes os galegos teñen oportunidade de demostrar o que valen, tentando destacar os seus de entre os corredores dos 19 equipos participantes (de entre os que o KGZ é o único da categoría Continental Profesional, posto que os 18 restantes son Pro Tour).
O equipo de Álvaro Pino en Euskadi
É, segundo o equipo, o exame máis esixente no que vai de tempada, e para iso Álvaro Pino seleccionados a Alberto Fernández, David García, David Herrero, Ezequiel Mosquera, Iban Mayoz, Juan Francisco Mourón, Alejandro Paleo e Eduard Vorganov para correr nunha rolda de perfil moi crebado en todas as súas etapas. Un percorrido, segundo contan dende o KGZ, "capaz de sacar a relucir as debilidades practicamente coa propia inercia do pelotón".