A UE deulle luz verde a comercialización do produto modificado logo de meses de discusións.
A Unión Europea autorizou esta semana a importación de millo xeneticamente modificado GA21. Este produto modificado comercialízao a empresa agroquímica suíza Syngenta e poderase empregar para fabricar alimentos para animais. Porén, a Comisión Europea manterá a prohibición de cultivo.
Dende a UE sinalaron que a autorización ten unha validez de dez anos e que calquera produto elaborado a partir deste transxénico estará suxeito a un “etiquetado estrito” e ás “reglas de trazabilidade”
En febreiro deste ano, os ministros de Agricultura da UE debatiron a aprobación do millo GA21 mais non chegaron a un acordo sobre esta variedade nin sobre outras catro que tamén se analizaron. Porén, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) informou favorabelmente.