Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Festival Risactiva

A risa e a solidariedade chegan a Lanzarote de man dos clowns galegos

Pallasos en Rebeldía e Coperactiva Cultural levan por primeira vez o seu espectáculo solidario á illa canaria.

Redacción - 10:10 07/04/2008

Os clowns galegos chegan ás Canarias, e como non podía ser de outra maneira, fano cheos de risas, acrobacias, pero tamén de solidariedade. Pallasos en Rebeldía e Coperactiva Cultural son, xunto co concello de Haría, os organizadores deste primeiro Festival Risactiva, caracterizado pola formación, a participación cidadá e a solidariedade con Chiapas.

Durante o primeiro fin de semana de abril (4, 5 e 6), este festival inclúe un apartado formativo, que estará composto por tres cursos: Iniciación ao clown, a esencia; que impartirá o director do festiclown, Iván Prado, outro curso de maxia, a cargo do mago Miguelillo, e por último, un obradoiro de risoterapia, de man do canario Alexander.

O espectáculo tamén conta coa participación d'Os Sete Magníficos + 1, que espertará as gargalladas do público cos seus espectáculos A saúde é o primeiro e O gordo e o calvo, mentres o mago Miguelillo engaiolará aos espectadores con Instantes Imaxinarios.

Fins solidarios

A recadación da venda de entradas e das inscricións dos cursos de formación destinarase á organización Pallasos en Rebeldía, que realizará unha acción solidaria en Chiapas (México), como xa se fai con outras citas coma o Festiclown e o Magiclown. Para rematar, os alumnos dos cursos de formación mostrarán o aprendido nun maraclown, que tamén aportará os beneficios á mesma causa.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: