Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Apagón masivo

Concédalle unha hora ao planeta

Colectivos ecoloxistas promoven a nivel mundial un apagado masivo de luces e desconexión de aparellos. Este sábado: entre 20 e 21 horas.

Redacción - 13:15 29/03/2008

Unha iniciativa simbólica, bautizada Earth Hour, para a que se solicita a colaboración de todos os cidadáns. Un dos promotores, o colectivo WWF-Adena , convida así a demostrar a preocupación pola situación que afronta o planeta "cun xesto tan simple" como o de darlle á chave da luz e renunciar á electricidade durante sesenta minutos.

O proxecto trata de subliñar a importancia de que fogares e empresas tomen conciencia da necesidade de implicárense na xestión máis eficaz dos recursos dos que nos fornece o planeta, e de xeito especial, sobre a ameaza do quecemento global e o cambio climático.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: