Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito Israel-Palestina

A Xustiza israelí falla a prol de manter estradas separadas para os palestinos

O Estado dá un novo paso cara ao estabelecemento dun apartheid 'de iure', logo de rexeitar o Tribunal Supremo a demanda dunha asociación de dereitos civís.

Redacción - 13:45 28/03/2008

"Xa existe un sistema de separación legal nos territorios para israelís e palestinos, mais se a política de estradas diferenciadas se estende entón a palabra para isto será apartheid", sinalou o avogado da Asociación polos Dereitos Civís de Israel (ACRI) Limor Yehuda.

ACRI presentou unha demanda en marzo de 2007, en nome dos habitantes de seis vilas ao carón da estrada 443 de Israel, logo de que o goberno decidira prohibirlles aos palestinos viaxar por esta vía, segundo argumentaron, por razóns de seguridade.

Agora, o Tribunal Supremo acordou rexeitar a querela e manter a aprobación de estradas separadas para palestinos e israelís, malia demostrarse que tras a prohibición a vida dos habitantes desta media ducia de localidades viuse gravemente afectada. Con esta decisión sen precedentes aválase a posibilidade de que este tipo de actuacións se estendan por todo o país.

A estrada 443 pavimentouse sobre terras expropiadas aos residentes palestinos co obxectivo de cubrir as necesidades de desprazamento dos habitantes de Cisxordania, mais tras un período foise transformando nunha una vía só para israelís.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: