Dous irmáns discapacitados e o pai dos mesmos morreron carbonizados polas lapas que se produciron nunha vivenda unifamiliar.
Na madrugada do mércores a este xoves tivo lugar un incendio nunha vivenda do municipio de Aranga. O suceso provocoulle a morte a dous irmáns de 36 e 39 anos respectivamente e ao pai dos mesmos.
A casa está no lugar de Castrobo, parroquia de Vilarraso. Segundo os veciños, os irmáns falecidos padecían unha discapacidade mental. Segundo os primeiros datos, o incendio puido producirse arredor da unha da madrugada. Porén o 112 afirma que non recibiu o sinal de alerta até as 5.14 horas.