Daranlle o seu apoio ou absteranse, ademais, en función de que haxa representación de Galeuscat nas mesas do parlamento.
Jorquera e Blanco, esta cuarta feira
"Faremos unha valoración en conxunto da sensibilidade que o PSOE amose en dar resposta ás nosas exixencias". O deputado do BNG en Madrid Francisco Jorquera fixo estas declaracións tras a xuntanza que mantivo co secretario de Organización dos socialistas españois, José Blanco, no marco dos contactos que están a manter con todos os grupos do Congreso de cara a sesión de investidura de José Luis Rodríguez Zapatero como presidente do goberno español.
Entre as exixencias ás que fixo referencia Jorquera están a división do grupo mixto en dous e a presenza dalgún dos partidos cos que conforman Galeuscat (CiU e PNV) nas mesas do parlamento, xa que o BNG non ten representación de abondo para ser o que entre nalgunha.