Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comunicado público da entidade

"Repudio" da Federación de Asociacións Galegas en Arxentina á visita de Aznar

O colectivo galego na emigración entende que a visita inscríbese no "servizo" que Aznar lle presta ao "Imperio do Norte" que busca "deostar as expresións populares" recentes en América Latina.

Redacción - 09:00 26/03/2008

Comunicado íntegro da Federación de Asociacións Galegas en Arxentina:

"A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina manifesta a súa repudia pola visita ao país do ex presidente do Goberno de España, José María Aznar, quen participará entre o 26 e o 28 do actual dun seminario internacional na cidade de Rosario, no que se reunirán os principais referentes da dereita neoliberal.


Tal como marca a historia da nosa institución en defensa dos dereitos humanos, a memoria e a xustiza, expresamos o noso malestar pola presenza na Arxentina deste nefasto personaxe, responsable xunto a George W. Bush e Tony Blair, do maior xenocidio dos últimos tempos, perpetrado en contra do pobo iraquí.


Este dirixente do Partido Popular español, que se sumará a outros tantos defensores dos grandes intereses internacionais, debería ser xulgado, xunto aos seus cómplices, polos Tribunais Internacionais por mor dos crimes de lesa humanidade cometidos en Iraq.


A visita de Aznar inscríbese no servizo que continúa prestándolle ao Imperio do Norte, que busca de todas as formas posibles deostar as expresións populares que se puxeron de manifesto nos últimos anos na nosa América Latina"


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: