Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na 'Volta a Castela e León'

Un "arranque esperanzador" para Mosquera

O líder do equipo ciclista profesional galego entrou a 41 segundos do líder, Alberto Contador.

Redacción - 11:19 25/03/2008

Ezequiel Mosquera ocupou a vixésimo segunda posición na primeira etapa da XXIII Volta a Castela e León, entrando a 41 segundos dun Alberto Contador, que co seu triunfo quería reivindicar o seu dereito a participar na vindeira edición do Tour de Francia, da que foi excluído xunto co seu equipo, o Astana.

Contador superou (nos 9,7 quilómetros entre Valsaín e a Granxa de San Ildefonso) en catro segundos xustos ao seu compañeiro de equipo Levi Leipheimer; e en trece ao holandés do Rabobank, Thomas Dekker.

Dende o KGZ lembran que o ano pasado ámbolos dous compañeiros, Contador e Leipheimer, quedaron separados por unha idéntica diferencia de catro segundos a favor do primeiro, aínda que o ano pasado tiveron que se conformar con un quinto e un oitavo posto respectivamente.

Mosquera mellora a súa situación, tendo en conta o posto do ano pasado
Polo seu lado Mosquera mellorou a súa situación dende o ano pasado. Naquela altura ficara na sesaxésimo quinta, e agora, nesta edición da Volta está na vixésimo primeira: un avance de corenta e catro postos que en tempos se traduce en 13 segundos.

O ciclista de Teo foi o mellor do Karpin Galicia na xornada, co mesmo rexistro que o seu compañeiro Gonzalo Rabuñal, quen tivo un rendemento similar ao da pasada tempada, entrando de vixésimo terceiro.

A segunda etapa, a desta terza feira, ha discorrer entre Segovia e Ávila, sobre 141,7 quilómetros e un perfil propicio para a batalla, din dende o KGZ, salientando os seus tres portos de montaña de segunda categoría, o último a menos de vinte quilómetros de meta.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: