Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Comparecencia no Parlamento

Para o Valedor seica hai lugares onde se debe "potenciar" o castelán

"A lingua discriminada neste país é a galega", recórdanlle PSdeG e BNG ao representante da institución.

Redacción - 09:00 25/03/2008

O Valedor do Pobo, Benigno López, xa dera mostra anteriormente dunha frouxa sensibilidade cara a lingua do país, nunha polémica iniciada en declaracións a un medio de comunicación e con reflexións nunca corrixidas, malia as reiteradas peticións de diversos colectivos e formacións políticas.

Este luns, na súa comparecencia no Parlamento, na Comisión de Peticións, Benigno López deu mostra unha vez máis da súa posición respecto da cuestión lingüística. Na súa opinión "haberá que potenciar o galego naqueles lugares nos que o castelán prime e á inversa, sen imposicións". A continuación, López dixo estar a prol de que calquera cidadán "poida optar libremente pola utilización dun ou outro idioma". "Ogallá poidamos potenciar o francés, o alemán e o inglés", engadiu.

Diante da súa posición, Francisco Cerviño, que interviña na comisión en representación do PsdeG, lembroulle ao Valedor que "neste país a lingua discriminada é a galega". No mesmo sentido se pronunciou o representante do BNG, o deputado ourensán Iago Tabarés, quen engadiu ademais que a institución do Valedor do Pobo debera mirar polas reclamacións en materia lingüística, tradicionalmente desatendidas.


2,59/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: