Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
YOUTUBE REPARTE PREMIOS EN DOCE CATEGORÍAS

Vídeocreación a prol do "entendemento entre civilizacións"

Os usuarios da coñecida web fan gañar na categoría de política a esta montaxe sobre o choque de civilizacións.

Redacción - 13:30 24/03/2008

YouTube xa fixo públicos os vídeos gañadores do seu certame anual que premia os traballos máis valorados polos seus usuarios en doce categorías: adorábel, comedia, comentario, creativo, testemuña, inspirado, instrutivo, música, política, serie, curtametraxe e deportes. Os autores dos vídeos premiados recibirán, ademais do orgullo de seren gañadores, un trofeo e un convite a un acto que terá lugar este ano.



O gañador na categoría de política é unha creación de Avaaz.org para frear a guerra en Oriente Próximo e promover un entendemento entre as civilizacións. Tivo que competir con outros vídeos de grande éxito, como o protagonizado polo candidato á presidencia dos EUA Mike Huckabee con Chuck Norris.

O método infalíbel para resolver o complicado cubo de Rubik, na categoría de vídeos instrutivos, ou o adorábel bebé Ethan, que escacha a rir cada vez que se parte un cacho de papel son outros dos premiados polo portal de vídeos de Google.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: