O kiwi de Madyeti47 mereceu a distinción ao traballo audiovisual máis adorábel da rede.
Logotipo de Youtube
Os usuarios do portal de vídeos Youtube seleccionaron as mellores creacións do ano, divididas en sete categorías. De entre os miles de arquivos aloxados na web propiedade de Google, os internautas votaron durante cinco días os que lles pareceron máis creativos, máis inspiradores, máis adorábeis, e os mellores vídeos musicais, comentarios, series e comedias.
O público elixiu como vídeo máis creativo a coreografía de OK Go sobre cintas de andar de ximnasio Here it goes again. Como mellor comedia valorouse Smosh short 2: Stranded, de Smosh, coa chegada dun náufrago a unha suposta illa deserta. O mellor comentario mereceuno Thewikekone, con Hotness prevails.
Ask a ninja, de Digitalfilmmaker, recibiu a distinción á mellor serie de Youtube, Say it's oossible, de TerraNaomi levou o premio ao mellor vídeo musical, e a campaña de apertas de balde de PeaceOnEarth123 foi considerado o vídeo máis inspirador.
Pero o premio á creación máis adorábel foi para este Kiwi! creado por Madyeti47: