Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Actos políticos do Aberri Eguna

O Foro de Debate Nacional reúne a miles de persoas pola independencia

Tras unha marcha entre Irun e Hendaia, apelaron á "unión de forzas" a pesar das diferenzas para conseguir a soberanía.

Redacción - 18:21 23/03/2008
Marcha deste domingo / Foto: EiTB

Marcha deste domingo / Foto: EiTB

Miles de persoas participaron este domingo na marcha "unitaria" convocada polo Foro de Debate Nacional con motivo do Aberri Eguna.

Cidadáns e representantes de Eusko Alkartasuna, Aralar, Batasuna, ANV, EHAK, ELA e LAB realizaron un percorrido entre Irun (Gipuzkoa) e Hendaia (Lapurdi).

Nesta última localidade tivo lugar un acto político en que reclamaron nun manifesto a independencia e a "unión ao redor dos puntos en común" dos diferentes axentes, "superando as diferenzas" para lograla.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: