O PNV, en Bilbo; EA, en Gernika; e o Foro Nacional de Debate (con Aralar, Abertzaleen Batasuna e a esquerda abertzale ilegalizada), cunha marcha entre Irun e Hendaia.
Cada domingo de Pascua, dende 1931, Euskal Herria celebra o Aberri Eguna, o Día da Patria. Mais como vén sendo habitual, este ano tampouco haberá un acto unitario, informa EiTB.
O Foro Nacional de Debate organiza unha marcha dende as 11.30 horas entre Irun e Hendaia, onde haberá un acto político. A esta convocatoria adheríronse Aralar, Abertzaleen Batasuna, a esquerda abertzale ilegalizada e tamén Eusko Alkartasuna.
EA tamén fará un outro acto diferenciado en Gernika. O acto principal comezará ás 12:00 e os protagonistas serán o presidente e o secretario xeral do partido, Unai Ziarreta e Joseba Azkarraga, respectivamente.
O PNV, pola súa banda, celebrará o Aberri Eguna en Bilbo. No acto político, que iniciará ás 12.00 horas, tomarán a palabra o lehendakari, Juan José Ibarretxe, e o presidente do Euskadi Buru Batzar (órgano executivo do partido), Iñigo Urkullu.