Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Condenados por queimar unha foto do rei

Anulado o xuízo a dous cataláns que non puideron usar a súa lingua

O Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional entende que se vulnerou o dereito de defensa de Enric Stern e Jaume Roura.

Redacción - 11:30 13/03/2008
Imaxes da campaña de apoio aos condenados

Imaxes da campaña de apoio aos condenados

O Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional acordou anular o xuízo en que dous independentistas cataláns foron condenados por queimar unha fotografía do xefe do Estado español, xa que considera que se vulnerou o dereito de defensa de Enric Stern e Jaume Roura ao negárselles a posibilidade de usar a súa lingua, informa o xornal madrileño El Mundo.

O Pleno alcanzou esa decisión tras estudar o caso en dúas reunións en que revisou o recurso interposto polo avogado dos acusados contra a condena por "inxurias ao rei", e pola que foron multados con 2.700 euros. Este feito obriga a retrotraer as acusacións ao momento anterior ao xuízo.

Durante a vista oral do pasado 20 de novembro, Stern e Roura quixeron declarar en catalán. Porén, o xuíz central do Penal, José María Vázquez Honrubia, teimou en que debían facelo en castelán. Ademais do recurso da defensa, a Asociación de Xuristas en defensa da Lingua propia interpuxo unha denuncia contra o maxistrado, mais o CGPJ arquivouna.

Vázquez Honrubia afirma que o catalán non é cooficial en Madrid e que os acusados coñecen perfectamente o español, xa que "xamais alegaron dificultade idiomática algunha coa lingua española".


5/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: