Os colectivos Via Campesina e Movimento dos Atingidos por Barragens (MAB) comezaron coas mobilizacións esta semana.
Via Campesina e o Movimento dos Atingidos por Barragens (MAB) iniciaron esta semana unha serie de protestas contra a construción de centrais hidroeléctricas en oito estados do Brasil.
As accións eran a anticipación a unha serie de manifestacións convocadas para esta sexta feira, 14 de marzo, Día Internacional contra os encoros.
Protestas en 8 Estados
Os manifestantes protestaron nos Estados de Minas Gerais, Espírito Santo, Rondônia, o Ceará, o Pará, Santa Catarina, o Paraná e no Rio Grande do Sul. A meirande parte das manifestacións concentráronse nos encoros, nas obras das hidroeléctricas e diante dos predios das empresas enerxéticas de cada Estado.
Durante toda esta semana as protestas do MAB e da Via Campesina hanse estender tamén a outros puntos da política enerxética brasileira, e mesmo han chegar ás capitais.