Miles de persoas, entre as que había representantes institucionais e políticos de todo o Estado, acompañaron este sábado á familia de Isaías Carrasco na súa despedida.
Unha representación do BNG acudiu este sábado a Euskadi ao funeral do ex concelleiro Isaías Carrasco, asasinado este venres en Arrasate. Ademais, está previsto que o luns unha delegación nacionalista acuda ás concentracións previstas na localidade vasca en sinal de repulsa.
Tamén unha delegación do PSdeG, encabezada polo seu secretario de Organización, Ricardo Varela, viaxou á vila guipuscoana para transmitirlle as condolencias á familia.
Miles de persoas, entre as que había un grande número de representantes institucionais e políticos de todo o Estado, acompañaron este sábado pola tarde á familia do ex edil do PSE na súa despedida. O acto relixioso, que comezou pasadas as 17.00 horas, foi oficiado polo bispo de Donostia, Juan María Uriarte.