O retorno de Cosova a mans serbias "é impensable", segundo o goberno irlandés.
A República de Irlanda recoñece oficialmente a independencia de Cosova, segundo anunciou o ministro de Asuntos Exteriores Dermot Ahern.
Tras unha votación no parlamento cun resultado unánime, o ministro declarou, "Sei que a independencia de Cosova e dolorosa para Serbia a difícil de aceptar pero quero sinalar que o noso recoñecemento non e un acto de hostilidade cara a Serbia".
Ahern engadiu que o goberno irlandés espera que Serbia e Cosova poidan avanzar de todos xeitos cara a un "futuro mellor" xuntos. "A realidade é que o legado do conflito dos anos noventa fai o retorno de Cosova a mans serbias impensable", dixo Ahern.
Irlanda únese así ao grupo de países que teñen recoñecido oficialmente a independencia de Cosova, xunto con UK, Francia, Alemaña, Austria e Italia, entre outros.
O Estado español, Romanía, Grecia, Chipre e Eslovaquia, pola súa parte, teñen rexeitado a independencia da República de Cosova.