Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
camiñando polo país dos mil rios

ADEGA e Proxecto Ríos comezan o ROTEIRRÍOS 08

   Roteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas. Continuamos coa andaina iniciada o ano pasado tentando achegar os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico, así como dar a coñecer o patrimonio natural, cultural e social asociado. Ríos + Rede Natura: na edición de 2008 ímonos achegar a ríos que estean incluidos na Rede Natura, para coñecer os seus valores e as súas ameazas: LIC río Tambre (8 de marzo); LIC Parga-Ladra-Támoga (26 de abril); LIC Macizo Central (24 de maio).

ADEGA - 10:46 28/02/2008
Tags:

Galiza, o país dos mil ríos, agocha un patrimonio fluvial extenso e diverso que merece ser coñecido e posto en valor. Son numerosos os ríos que polo seu valor dan nome a un LIC, ou os espazos fluviais que forman parte dun conxunto de ecosistemas e pertencen á rede de espazos protexidos. Como mostra, os tres que imos coñecer. Ademáis os ríos constitúen corredores ecolóxicos que poñen en comunicación diversos espazos naturais funcionando como reservorios de biodiversidade.

A quen vai dirixido?
: Roteirríos vai dirixido a toda a cidadanía, tanto aos participantes no Proxecto Ríos como a aquelas persoas interesadas en coñecer o noso patrimonio fluvial. Nos roteiros poderán participar maiores de idade ou menores acompañados dalgún familiar.

Prazas e preinscrición
: As prazas para os roteiros son limitadas, ao entendermos que un grupo reducido axudará a coñecernos mellor, facilita o achegamento á zona e causa un menor impacto no espazo visitado. O Proxecto Ríos financia unha parte dos roteiros, sendo 6€ o prezo a desembolsar polos participantes.

Programa
: Todos os percorridos realizaranse en autobús. A saída está programada as 9:00h da estación de Santiago de Compostela, e a hora de chegada será á tardiña (pódense mudar horas ou, en caso de mal tempo, adiar algunhas das datas).
É necesario levar comida, auga, calzado cómodo e... un sorriso.

Se queres participar inscríbete e envíanos a túa solicitude a: ProxectoRíos. Travesa de Basquiños, 9 Baixo CP 15703 Santiago de Compostela; ou ben na páxina web, por correo electrónico ou por teléfone: 981 570099 Móbiles: 650 261283 627 628194.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: