Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
No Brasil

Os indios do Xingu liberan 8 retidos por unha hidroeléctrica

Tíñanos secuestrado a finais da semana pasada, nun acto contra os impactos ambientais dunha central que están a construír no seu territorio.

Redacción - 18:01 28/02/2008

Os indios da etnia Ikpeng, que viven no Parque do Xingu, no nordeste do Estado do Mato Grosso, liberaron esta semana os oito reféns que aínda estaban retidos na aldea Moygú.

Segundo a Fundação Nacional do Índio (Funai), os reféns foron levados nun avión da organización ao municipio veciño de Canarana, e alí foron ceibados. A seguir, os líderes da etnia chamaron ao presidente da Funai, Márcio Meira, para estabelecer as condicións dunha posíbel viaxe dos representantes Ikpeng (entre líderes e guerreiros) a Brasilia, onde se xuntarían con membros do goberno brasileiro para trasladarlles a súa protesta esta terza feira día 27 de febreiro.

O secuestro
A pasada quinta feira os Ikpeng detiveron oito empregados da empresa Paranatinga Energia S/A, e a catro funcionarios indíxenas da Funai, que estaban na rexión, facendo varias investigacións para instalar unha central hidroeléctrica no río Culuene.

O día a seguir, a pasada sexta feira, os indíxenas e a Funai acordaron que os líderes da etnia Ikpeng viaxarían a finais da semana a Brasilia, acompañados de medio cento de guerrilleiros e os 12 reféns. Mais ao final os indios mudaron de idea e esixiron que o indixenista Cláudio Romero fose até a súa aldea.

A liberación
Os reféns foron liberados finalmente o domingo pasado, e levados até Cuiabá (unha aldea veciña) nun avión da Funai. Con eles viaxaron varios guerreiros da tribo, coa idea de garantir a volta da nave á súa aldea. No retorno, o avión e máis o piloto tamén ficaron retidos.

A comezos desta semana a indixenista Luzia da Silva foi enviada á aldea dos Ikpeng para representar a Funai na negociación, mais ela tamén foi retida. Finalmente foron liberados, indixenista, piloto e os demais reféns, despois de que a tribo chegase a un acordo coa Funai, que terminou coa viaxe da comitiva Ikpeng a Brasilia, para debater sobre a construción da central nas súas terras.


4/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: