Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN MAIO EN VILAGARCÍA

Broken Social Scene, TAB e The Blows únense ao Festival do Norte

Ademais destas tres bandas, a organización do festival confirmou a presenza de Tachenko, Franc3s, Hidrogenesse e Sons & Daughters.

Redacción - 12:26 26/02/2008

Despois de ter anunciado algún dos seus cabezas de cartaz hai unhas semanas, como Dorian, Standard, Facto Delafé y las Flores Azules ou La Habitación Roja, o Festival do Norte incorpora agora media ducia de novos concertos de peso, cos que practicamente pecha o seu cartel para esta primavera.

O 16 e 17 de maio estarán en Vilagarcía bandas da primeira liña internacional, como os canadianos Broken Social Scene ou os escoceses Sons & Daughters (antigos integrantes de Arab Strap), ou da escena indie do Estado, como os galegos The Blows ou Triángulo de amor Bizarro. Ademais, bandas de culto como Hidrogenesse ou Tachenko (formado por antigos integrantes de Niño Gusano) e novas apostas como Franc3s, de Carballo, aspirantes a gañar o Proxecto Demo 2008.

Até o 15 de marzo poderase adquirir o abono (que inclúe entrada para os dous días de concertos e acampamento) a un prezo reducido de 18 euros. A partir desa data o abono pasará a custar entre 22 e 25 euros e a entrada para cada día entre 15 e 18.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os canadianos 'Broken Social Scene'
Os canadianos 'Broken Social Scene'
Triángulo de Amor Bizarro (Foto: Rafael Mallo)
Triángulo de Amor Bizarro (Foto: Rafael Mallo)
The Blows (foto: Inma Varandela)
The Blows (foto: Inma Varandela)