Ábrese o prazo para a votación online. O gañador actuará no Festival de Benicàssim.
Polo Proyecto Demo teñen pasado dende o 2001 algunhas das bandas máis importantes da música pop do Estado. Gañaron algunha das edicións El Columpio Asesino, Standard e foron finalistas Bandini, Garzón ou Nadadora. Entre os galegos destacaron ademais Triángulo de Amor Bizarro, 6PM, Sebastopol ou Fanny + Alexander. En 2008 tres grupos do país coláronse entre os trinta semifinalistas. Trátase de Franc3s (Carballo), Austria (Pontevedra) e Mequetrefe (A Fonsagrada). Austria xa foi semifinalista en 2007 e naquela mesma edición Franc3s recibira un accésit. Entre os trinta semifinalistas estarán os tres grupos que pasarán á final, dous elixidos por un xurado, e un pola votación do público.
Escoita aquí aos tres grupos:
Austria
Franc3s
Mequetrefe