Os incidentes tiveron lugar logo dunha multitudinaria manifestación na que incluso participou o primeiro ministro.
Un grupo de manifestantes serbios conseguiu entrar na tarde deste xoves na emabaixada dos Estados Unidos en Serbia e prenderlle lume. A sede, que xa sufrira un ataque o luns, estaba baleira e sen protección policial. Os feitos tiveron lugar logo dunha multitudinaria manifestación contra a independencia de Cosova.
O presidente Tadic non participou nestes actos de protesta. En cambio si estivo presente na marcha o primeiro ministro, Vojislav Kostunica e persoeiros famosos como o cineasta Emir Kosturica ou o tenista Novak Dokovic. A tensa xornada estivo precedida por mensaxes dende a televisión pública que animaba a participar na manifestación. As escolas tamén permaneceron pechadas.
Mentres, Italia tamén se sumou aos países que recoñecen a independencia de Cosova. As autoridades serbias advertiron o luns que racharían as relacións diplomáticas con todos os estados que recoñecesen a plena soberanía cosovar.