Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
WEB 2.0

A Terra entra en campaña: está "até os polos"

Intermón Oxfam aproveita os medios da web 2.0 para concienciar os internautas dos problemas do ambiente.

Redacción - 09:00 20/02/2008

A ONG Intermón Oxfam argallou unha campaña de concienciación ambiental de cara ás vindeiras eleccións. A Terra está "até os polos" do cambio climático, do comercio de armas, das desigualdades entre o Norte e o Sur... E son temas que non están presentes na campaña electoral.

A idea está protagonizada polo propio "planeta", que se queixa dos seus problemas en lugares públicos e tamén en vídeos pendurados na rede. Ademais, a campaña aplica as ferramentas da web 2.0, con presenza no YouTube e no Flickr, onde os internautas poden colaborar coa iniciativa achegando vídeos e fotografías, ademais de propostas e queixas.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: